En portadaSanidadeÚltima hora

A provincia sitúase nos 1.037 casos activos de Covid, 91 máis que onte

O Hospital de Valdeorras baixa a 4 ingresos e o de Verín a 11. O Hospital de Ourense rexistra 50 ingresos en planta e 7 na UCI

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco continúa sendo, unha nova xornada, a máis afectada polo Covid en Galicia. Neste 5 de outubro a Consellería de Sanidade notifica un total de 1.037 casos activos, fronte aos 820 da área da Coruña, aos 495 da de Lugo, aos 685 da de Pontevedra, aos 419 da área de Vigo, aos 528 da de Santiago e aos 117 da de Ferrol.

Deses 1.037 casos, 73 están ingresados (deles 7 na Unidade de Coidados Intensivos) e 964 permacecen a seguemento a domicilio. O Hospital Público de Valdeorras baixa a 4 ingresos (1 menos que onte) e o Hospital de Verín a 11 (1 menos que onte), mentres que o Hospital Universitario de Ourense rexistra 50 en planta (3 máis quen onte) e 7 na UCI. Ademais no CO.SA.GA. hai un ingreso en planta.

Son polo tanto, 91 activos máis (hai que ter en conta que os casos activos son o resultado de sumar os novos casos e de restar as altas rexistradas e as falecemtos) e 117 casos novos: 90 máis a domicilio, 24 altas, 2 falecemento, 2 ingresos máis e un paciente en UCI menos, segundo detalla.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 3.986, con 2.792 curados e 157 falecementos, segundo o Sergas. Ademais lévanse realizado 64.550 probas PCR, 855 delas nas últimas 24 horas.

Os datos galegos

Do total de 4.101 casos activos en Galicia, 37 están en UCI, 204 en unidades de hospitalización e 3.860 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.170 persoas curadas, rexistrándose 757 falecementos. O número de PCR realizadas é de 511.007.

Artigos relacionados

Back to top button