SanidadeÚltima hora

A provincia sitúase nos 473 casos activos de Covid, 13 menos que onte

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Baixada nos casos activos de coronavirus na provincia de Ourense neste domingo 13 de setembro. Segundo a última actualización de datos que vén de facer pública a Consellería de Sanidade, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 473 casos activos: 37 ingresados en hospitais (deles 5 na Unidade de Coidados Intensivos) e 436 a seguemento a domicilio.

Así, o Hospital Universitario de Ourense ten 29 pacientes ingresados en planta e cinco en UCI, mentres que o Hospital de Verín ten tres ingresos en planta. O Hospital Público de Valdeorras segue, un día máis, libre de virus.

O total de casos de Covid-19 rexistrados na provincia ascende a 2.800, con 2.188 curados e 139 falecementos. Na provincia lévanse realizado 49.359 probas PCRs, 704 delas nas últimas horas.

Dous falecementos en Verín

Na tarde de onte a Consellería de Sanidade comunicaba o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Trátase de dous homes de 75 e 87 anos que estaban ingresados no Hospital de Verin. Ambos presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button