SanidadeÚltima hora

A provincia suma catro novos brotes de Covid, dous deles en Verín

 

Nesta tarde a Consellería de Sanidade vén de notificar catro novos brotes de coronavirus na provincia de Ourense. Dous deses brotes están no municipio de Verín. Hai un de orixe social e familiar con cinco positivos: 4 mulleres de 48, 50, 46 e 55 anos e un home de 58 anos. O outro é de orixe familiar e afecta a 4 persoas: unha muller de 41 anos, un home de 33 anos e dous menores.

Hai ademais un brote en Padrenda de orixe familiar e con tres casos: unha Muller de 75 anos e dous menores. E, finalmente, rexístrase outro brote na Baixa Limia con 6 casos (distintos concellos con nexo común): 3 mulleres de 23, 42 e 46 anos e 3 homes de 28, 67 e 26 anos.

Por outra banda, ascende a 7 casos o brote de Ourense do que se informou onte con 5 casos e con orixe social e familiar. 3 homes de 54, 54 e 55 anos e dúas mulleres de 51 e 34) co diagnóstico de dous afectados mais, un home de 36 anos e un menor.

Artigos relacionados

Back to top button
Close