En portadaÚltima hora

A provincia ten 1.479 casos activos de Covid, 37 menos que onte

Nas últimas 24 horas rexistráronse 66 novos positivos por probas PCR, segundo Sanidade

Hospital Comarcal de Valdeorras.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco continúa cos datos máis de Galicia no Covid, pero os seus casos activos están descendendo. Así, segundo a última actualización feita pública pola Consellería de Sanidade (19 de outubro ás 18h.), rexístranse 1.479 casos activos, o que supón 37 menos que onte. Aínda así, nas últimas 24 horas confirmábanse 66 novos positivos por probas PCR.

Dos 1.479 casos, 108 están ingresados en planta (2 máis que onte) e 15 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte), mentres que o resto permanece a seguemento nos seus domicilios.

O Hospital de Valdeorras mantén 4 pacientes, mentres que o Hospital de Verín ten 9 (1 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 95 en planta (4 máis que onte) e 13 na UCI. Ademais o Centro Médico El Carmen conta con 2 ingresos en UCI (1 máis que onte).

O número total de casos rexistrados na provincia ascende a 3.776, con 5.451 curados e 197. Ata o de agora lévanse realizado 80.991 probas PCR.

Galicia chega aos 5.215 casos activos

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é, segundo a última actualización de Sanidade, de 5.215, deles 876 son da área da Coruña, 497 da de Lugo, 1.479 da de Ourense, 481 da de Pontevedra, 831 da área de Vigo, 813 da de Santiago, e 238 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 277 en unidades de hospitalización e 4.891 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.812 persoas curadas, rexistrándose 831 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 596.335.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close