SanidadeÚltima hora

A provincia ten 1.489 casos activos de Covid, 5 casos menos que onte

O Hospital de Valdeorras mantén 3 ingresos, mentres o de Verín rexistra 7 e o de Ourense 108

Sinalización para realizar probas de Covid no Hospital de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Lixeira baixada no número de casos activos de coronavirus na provincia de Ourense. Así, segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 21 de outubro), a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 1.489 casos activos (5 menos que onte), dos que 105 están ingresados en planta e 15 na Unidade de Coidados Intensivos. O resto permanecen a seguimento en domicilio.

O Hospital de Valdeorras continúa con 3 ingresos en planta, mentres o Hospital de Verín baixa a 7 e o Hospital Universitario de Ourense conta con 94 ingresos en planta (3 menos que onte) e 14 en UCI.

Nas últimas 24 horas téñense confirmado 76 novos positivos por probas PCR. O total de casos na provincia ascende a 5.627, con 3.930 curados e 207 falecidos. Ata o de agora lévanse realizado 83.382 probas PCR.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close