SanidadeÚltima hora

A provincia ten 552 casos activos de Covid, 26 menos que onte

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 59 persoas ingresadas en planta (2 delas no Hospital de Valdeorras) e 8 na UCI

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

 

Segue baixando a curva do coronavirus. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 552 pacientes con infección activa, 26 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 22 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Tamén descenden os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 8 (fronte aos 12 de onte).

En canto aos ingresos, hai 59 persoas hospitalizadas en planta (8 máis que onte) e 8 na Unidade de Coidados Intensivos (2 máis que onte). O Hospital de Valdeorras continúa con 2 ingresos de pacientes en planta, os mesmos que o Hospital de Verín, e o Hospital Universitario de Ourense ten 54 en planta (8 máis que onte) e 7 (2 máis que onte) na Unidade de Coidados Intensivos. Finalmente, a Clínica Santa Teresa ten 1 ingreso en planta e outro en UCI (as mesmas cifras que onte).

O total de casos rexistrados dende o inicio da pandemia ata o de agora na provincia ascende a 14.473, con 13.519 curados e 401 falecidos (onte Sanidade non notificaba ningún falecemento). Polo de agora lévanse realizado 201.805 probas PCR e 99.971 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button