En portadaÚltima hora

A provincia ten 689 casos activos de Covid, 60 menos que onte

Tamén baixan as hospitalizacións (70 en planta e 10 na UCI) e os novos casos confirmados por probas PCR

Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 689 casos activos de coronavirus (60 menos que onte), tamén baixan as hospitalizacións en planta con 70 (9 menos que onte)  e 10 (1 máis que onte) na UCI,  segundo a última actualización da Consellería de Sanidade (ás 18h. do 19 de novembro). Así mesmo apréciase un descenso nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 34 (fronte aos 44 de onte).

O Hospital Público de Valdeorras rexistra 8 hospitalizacións en planta por Covid (unha menos por un falecemento), o Hospital de Verín baixa a 4 (1 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 58 (9 menos que onte) en planta e 10 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.343, con 6.371 curados e 282 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 109.930 probas PCR.

8.978 casos activos na provincia, 120 menos que onte

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.978 (120 menos que onte), dos que 1.854 son da área da Coruña, 1.139 da de Lugo, 689 da de Ourense, 1.242 da de Pontevedra, 2.388 da área de Vigo, 1.005 da de Santiago, e 661 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 96 están en UCI, 438 en unidades de hospitalización e 8.444 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 38.587 persoas curadas, rexistrándose 1.132 falecementos. O número de PCR realizadas é de 840.867.

 

Artigos relacionados

Back to top button