SanidadeÚltima hora

A psicoloxía da lactancia abordarase nun obradoiro no Barco

Terá lugar o 19 de outubro ás 16h. no edificio multiusos do Barco e será organizado pola Asociación De Nai a Nai en colaboración co Concello

 

“A revolución da maternidade. Psicoloxía da lactancia. Instintos e evidencias” é o título do obradoiro formativo que se desenvolverá no edificio multiusos do Barco o vindeiro sábado 19 de outubro ás 16h. Será impartido por Esther Ramírez Matos, psicóloga sanitaria e perinatal, terapeuta sistémico-familiar e de parella.

No seu decurso abordaranse temáticas como a transición á maternidade, o cambio de ciclo vital e a nova identidade, de muller a muller-nai; o nacemento dos instintos ou a neurobioloxía da lactancia.

Esta actividade será organizada pola Asociación De Nai a Nai en colaboración co Concello do Barco. A entrada será libre e gratuíta.

 

Artigos relacionados

Back to top button