En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A queima da bruxa pon o broche á VII Festa Medieval de Sobrado

O acto remataba cunha queimada, foguetes e fogos artificiais

Despois de dous intensos días de representacións, xantares e festa, unha multitude congrégase na praza de Sobrado na noite do domingo 5 de agosto. Están esperando a chegada da acusada de bruxería que será xulgada pola Santa Inquisición e condeada a morir na fogueira.

Ese é un dos momentos máis esperado pola xente que cada ano asiste á Festa Medieval organizada pola Asociación Cultural Folión de Sobrado, para conmemorar a anexión do Foral de Sobrado e do seu mosteiro á Corona de Felipe II, en plena Idade Media. Unha festa que inclúe a recreación dese momento, o fesfile dos reis e dos xantares populares e o acto da inquisición, entre outros.

Trátase dunha celebración con sete edicións ás costas que cada ano conta con algunha novidade. Nesta ocasión, os asistentes descubrían con sorpresa que unha vez que a bruxa era condeada, fuxía subida á escoba, dando voltas pola praza dende a Casa Parroquial ata outra vivenda por onde escapaba. Facíao a través dun complexo artiluxio suspendido no aire que fixo as delicias do público que de seguido saía en procesión para “dar caza” á bruxa que finalmente ardía na fogueira.

A festa remataba por todo o alto coa tradicional queimada, o son dos foguetes ao estoupar e a luz dos fogos artificiais, poñendo así o broche a unha fin de semana na que Sobrado de Trives regresou ao medievo.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/sobrado-p-de-trives-vistese-de-gala-na-sua-vii-festa-fedieval/

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button