ConcellosEn portadaEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

A queima do Meco pon fin ao Entroido no Barco

 

Rigurosamente vestidos de loito e portando antorchas, numerosos veciños do Barco acompañaban ao Meco na súa derradeira volta polo casco antigo da vila na tarde do 26 de febreiro, Mércores de Cinza. Pasadas as oito e media da tarde dende a praza Maior partía a comitiva do “enterro da sardiña”, encabezada polos oficiantes da cerimonia.

As dúas autoridades relixiosas escenificaban un singular “viacrucis” satírico cun total de dez estacións, no que se repasaban en clave humorística temas de actualidade como as eleccións galegas, o coronavirus, a situación do hospital comarcal de Valdeorras ou a xenofobia.

Finalmente, a comitiva volvía ao punto de partida, a praza, para proceder á queima do Meco en medio de prantos e cantos de despedida do Carnaval. Finalmente tiña lugar un reparto de chourizos e pan entre os presentes.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

 

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button