CulturaCulturaEntroido 2020Última hora

A queima do xigantesco Entroido da Xironda (Cualedro) pon fin á festa

A preparación dun enorme boneco, na tarde do Sábado de Entroido, marcaba o inicio desta celebración na Xironda (Cualedro). Unha vez rematado, o Entroido, que é como se denomina, era colocado na praza da Picota para presidir os días da festa.

Ao día seguinte, Domingo Gordo, facían a súa primeira aparición nesta ano as Mázcaras, uns elegantes personaxes enmascarados, cun cinto de grandes chocs e un látego da na man que agardaban aos veciños a súa saída da misa. Despois iniciaban unha serie de carreiras pola localidade.

 

Volvían a saír nos seguintes días, especialmente o Martes de Entroido, outra data sinalada e na que se xeito simbólico se dícia adeus á festa arredor das 23h. coa queima do xigantesco Entroido, tras unha subasta pública dos seus atributos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close