OurenseÚltima hora

A quinta Carreira Popular de Monterrei, antesala da San Martiño 2018

A proba atlética celebrarse este domingo 4 de novembro a partires das 10:30h.
Presentación da carreira popular na Deputación de Ourense.

A V edición da Carreira Popular de Monterrei, proba oficial da Federación Galega de Atletismo con distancia homologada, disputarase este domingo, 4 de novembro, como antesala perfecta da San Martiño que se celebrará o día 18.

Durante a xornada, na que eseperan superar os 200 participantes, desenvolveranse cinco carreiras con saída na rúa Progreso da localidade de Albarellos: ás 10:30h. sairán os infantís e cadetes que disputarán un percorrido de dous quilómetros; ás 10:50h. será a quenda para a carreira das categorías benxamín e alevín, cun percorrido de un quilómetro; ás 11:15h. será a carreira absoluta, cunha distancia de 10 quilómetros; ás 12:35h. sairán os da categoría prebenxamín cun percorrido de 400 metros; e ás 12:45h. celebrarase a carreira de pitufos de 200 metros de distancia.

A clasificación será absoluta e por categorías.

Artigos relacionados

Back to top button