DeportesÚltima hora

A quiroguesa Carolina Camino renova no Emevé para a campaña 21/22 na Superliga de voleibol

A deportista con ascendencia no Bolo vén de asinar a súa segunda tempada no club lucense

A deportista quiroguesa Carolina Camino./ Foto: Emevé.

 

Tras unha primeira experiencia prometedora na Superliga feminina de voleibol “onde xa apuntou o que é capaz de facer”, aseguran dende o CV Arenal Emevé, Carolina Camino “A Perla da Ribeira Sacra”, vén de asinar a súa segunda tempada no club lucense, “na que brillará como unha das grandes estrelas da Liga Iberdrola”.

Malia que Carolina fichaba por este club en decembro de 2019 como un gran reforzo para o seu grupo de loitadoras, a crise do Covid-19 impedía poder desfrutar dela ata o verán do ano pasado. Este será pois o ano da “súa consagración”, aseguran dende o Emevé.

Artigos relacionados

Back to top button