DeportesÚltima hora

A quiroguesa Carolina Camino será unha das adestradoras do VI Campus de Voleibol Ribeira Sacra Monforte

O campamento deportivo celebrarase do 19 ao 23 de agosto no pavillón municipal da Pinguela

O pavillón municipal da Pinguela, en Monforte de Lemos, acollerá entre o 19 e o 23 de agosto o IV Campus de Voleibol Ribeira Sacra, que contará entre os monitores, coa internacional Carolina Camino (ex xogadora do CV Ribeira Sacra e membro da selección permanente, natural de Quiroga).

O campus está dirixido a nenos e nenas de 7 a 16 anos e o horario será de 10 a 13:30h. Tal e como indicaron os organizadores, as 50 prazas xa foron cubertas polo que se decidiu ampliar a 60 o número final de participantes. De feito, debido ao número de inscritos e á variedade de idades e nivel técnico dos participantes (algúns deles acceden por primeira vez á práctica do voleibol), o campus contará cun amplo equipo de adestradoras internacionais e do propio club, coordinados por Manolo Martínez, entre as que estarán a actual adestradora de categorías inferiores do Ribeira Sacra Yoraxi Meleán e a xogadora internacional Carolina Camino. Completarán o plantel de monitores Rebeca Krusse, tamén internacional; Oriol Aira; e Noelia López.

Deste xeito “garantirase que a formación dos pequenos sexa a idónea”, tal como explicaban na presentación do evento deportivo, que tiña lugar na mañá do 14 de agosto no Concello de Monforte, contando coa asistencia do alcalde, José Tomé Roca; da presidenta do CV Ribeira Sacra, Yolanda Maciñeiras; do director deportivo do club, Manolo Martínez, e varias das adestradoras, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button