ConcellosQuirogaÚltima hora

A quiroguesa Icía Marcos, premiada polas súas excelencias académicas

A moza quiroguesa Icía Marcos./ Foto: Concello de Quiroga.

 

A estudante do IES de Quiroga, Icía Marcos García, vén de ser premiada dobremente polas súas excelencias académicas. Hai uns días, o Clúster da Pizarra de Galicia premiouna polos seus estudos de bacharelato, xa que foi a alumna que se lle concedeu a matrícula de honra no centro educativo.

Onte pola parte participaba nun multitudinario acto no Pazo de Congresos no que foron homenaxeados os mellores expedientes de Galicia pola Universidade de Santiago de Compostela, tal e como vén de facer público o Concello de Quiroga.

“De Deseñadora de moda a Física, este foi o cambio tan radical que deu Icía, en canto as súas preferencias para estudar unha carreira universitaria, para a que non terá ningún inconveniente acceder coa súa nota de 12,84 . Esta apaixonada das aventuras de Harry Potter ten pensado pasar un verán descansando e desfrutando das festas de verán”, resaltan dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button