ConcellosÚltima hora

A rapa das bestas dende o obxectivo do fotógrafo barquense Sindo Novoa

Do 25 de agosto ao 30 de setembro exporá no Casino do Barco unha mostra sobre esta antiga celebración galega
Cartel da exposición de Sindo Novoa na que se destaca unha das imaxes da exposición.

Unha viaxe por unha das tradicións máis intensas, sorprendentes e atractivas de Galicia, que está ademais declarada de interese turístico internacional. Unha viaxe visual que o fotógrafo valdeorrés Sindo Novoa compartirá coa súa comarca natal a través da exposición “Un día na Rapa das Bestas (Do monte ao curro)” que poderá visitarse do 25 de agosto ao 30 de setembro no Casino do Barco.

Trátase dunha serie de 20 fotos “onde podemos atopar os cabalos salvaxes cando están ceibos no monte, instantes durante a baixada cara Sabucedo e tamén momentos dentro do curro, onde se produce a rapa e desparasitación”, en palabras do seu autor.

A imaxe que ilustra o cartel da mostra formou parte dunha galería de 30 das mellores fotos do Concurso ≠MiMejorFoto en twitter (entre 1.800 fotos que participaban) e que publicaron no Blog Punto de Enfoque no Periódico El País.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close