CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Real Academia Española califica de “magnífico” o labor da Biblioteca de Verín

O seu director remitíalle unha carta felicitándoa polo seu traballo a prol do fomento da lectura
Imaxe dunhas das actividades organizadas pola Biblioteca de Verín./ Foto: Concello de Verín.
Imaxe dunhas das actividades organizadas pola Biblioteca de Verín./ Foto: Concello de Verín.

O traballo que vén desenvolvendo a Biblioteca Pública Municipal de Verín vén de ser recoñecido pola Real Academia España (RAE). O seu director, Darío Villanueva, vén de remitirlle unha carta na que expresa a súa felicitación e gratitude polo
“magnifico labor” que esta biblioteca “vén realizando para a promoción da lectura e a actividade solidaria de voluntarios mozos”.

Asemade Villanueva incide na importancia deste tipo de proxectos para o achegamento das novas xeracións a “esta actividade formativa e enriquecedora que é a lectura”.

Coincidindo co IV Centenario da publicación da segunda parte do Quixote, o director da RAE quixo obsequiar á instalación municipal cos exemplares das dúas edicións con que esta academia fixo inmortal a novela: a popular e escolar a cargo de don Arturo Pérez Reverte e a crítica e erudita dirixida por don Francisco Rico, tal e como se informa dende o Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button