OurenseÚltima hora

A Real Filharmonía de Galicia actuará mañá no Teatro Principal de Ourense

O mestre italiano Enrico Onofri levará a batuta e interpretará ademais o Concierto para violín de Haydn

O Teatro Principal de Ourense acollerá mañá, venres 25 de xaneiro, un concerto da Real Filharmonía de Galicia que comezará ás 20 horas, dirixido polo mestre italiano Enrico Onofri que interpretará ademais unha obra ao violín.

Baixo o título Clasiquísimo, o programa musical comezará coa Sinfonía nº 10 de Mozart (1756-1791), considerado o  mestre do Clasicismo, que compuxo esta obra durante su primeira viaxe a Italia con tan só 14 anos. A continuación os músicos achegarán ao público a Sinfonía en La do compositor barroco Giovanni Battista Sammartini (1700-1775).

O programa inclúe ademais o Concierto para violín en Sol de Franz Joseph Haydn (1732-1809), que será interpretado nesta ocasión polo propio Enrico Onofri, e concluirá coa Sinfonía nº 39 de Mozart, unha das súas últimas sinfonías que compuxo nun dos períodos máis escuros da sua vida.

 

Artigos relacionados

Back to top button