CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Real Filharmonía de Galicia actuará o 6 de agosto en Celanova dentro do Festival Hércules Brass

O concerto será ás 20:45h. no mosteiro de San Salvador, baixo a batuta de Maximino Zumalave

 

A Real Filharmonía de Galicia dará un concerto no claustro barroco do mosteiro de San Salvador de Celanova este venres 6 de agosto ás 20:45h. dentro do VII Festival Hércules Brass, que promove a Asociación Cultural Xingros e a agrupación Hércules Brass Quinteto de metais.

Esta proposta, realizada en colaboración co Xacobeo 2021-2022, xira ao redor dos instrumentos de vento-metal e a música de cámara. Levará a batuta o director asociado da RFG, o mestre Maximino Zumalave.

As entradas custan 10 euros. Ata o 2 de agosto ás 14h. pódense adquirir na Oficina de Turismo de Celanova ou a través da ligazón http://bit.ly/vendaentradasVIIFestivalHB. A partir desta data pódense comprar ata o día do concerto na Oficina dous Arcos (de 10 a 13:30 e de 16:30 a 20h.) ou no claustro do mosteiro de San Salvador de 19:30 a 20:35h. O número máximo de asentos será de 450 localidades.

 

O tubista Sérgio Carolino.

 

O concerto da Real Filharmonía de Galicia comezará coa Suite nº 4 de Johann Sebastian Bach (1685-1750). A continuación soará a obra SoNotas do compositor luso Francisco Loreto (1974), que interpretará coa tuba o tamén portugués Sérgio Carolino. A cita concluirá coa Sinfonía nº 1 de Ludwig van Beethoven (1770-1827).

Sérgio Carolino é un dos tubistas máis aclamados da escena internacional debido á súa eclecticismo, que vai desde a interpretación do repertorio estándar e contemporáneo de tuba ata o jazz, o funk e a música totalmente improvisada. É moi aclamado como solista e profesor en festivais, conservatorios e universidades dos cinco continentes.

Artigos relacionados

Back to top button