ConcellosÚltima hora

A recadación da estrea de “María Solinha” en Verín destinarase ás familias prexudicadas polo Covid-19

Este filme, dirixido polo valdeorrés Ignacio Vilar, estrearase o vindeiro 21 de xuño no autocine da vila

Cartel de María Solinha.

 

A recadación íntegra da estrea mundial de “María Solinha” do próximo domingo 21 de xuño no autocine da vila destinarse a fins solidarios, “concretamente ao apoio ás familias con menos recursos trala crise sanitaria provocada pola Covid-19, a través do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas”, tal e como informa o Concello de Verín. A primera sesión do autocine de Verín celebrarase no parking central da vila.

A estrea mundial da última película do director valdeorrés Ignacio Vilar servirá para inagurar un novo xeito seguro de disfrutar do cine en Verín, mantendo a distancia e totalmente protexidos en candaseu coche. As entradas poranse á venda próximamente en ataquilla.com e o prezo será de 8 euros, podendo ir os vehículos totalmente ocupados.

A entrada ao parking central de Verín realizarase pola entrada da Avenida de Portugal (fronte ao Concello) de xeito único, quedando as restantes habilitadas para saídas de emerxencia e servizos.

As prazas estarán delimitadas con número fixo e as rúas de cada fila demarcadas con señalización especial.

Menús autocine

Os hosteleiros de Verín servirán nesta sesión piloto os seus menús a través da app Rumbo Verín que teñen desenvolto cun servizo propio a domicilio. Dende ela, baixo reserva ou no momento, poderán solicitar o menú autocine ou acceder a carta completa que cada esablecimento teña na app, a través dun código Qr.

A gala de estrea precederá á proxección da película. Dende as 21.30 os actores e actrices e o director estarán presentes para realizar as sesións fotográficas co público, e a partir das 22.30 comezará a gala de inauguración. Ás 23:00 comezará a película propiamente dita.

Os asistentes poderán realizar os seus pedidos á hostelería local durante todo o tempo. Dende o Concello de Verín lembran que non se poderá aparcar no parking central dende o sábado 20 de xuño, data en que quedará acotada a zona para o autocine.

Os vehículos autorizados, por motivos de visibilidade entre filas, son só automóviles e 4×4, quedando excluídas furgonetas e autocaravanas.

Artigos relacionados

Back to top button