CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A recadación do Concerto de Nadal de Abertal será donada a ONCOMET en apoio á investigación oncolóxica

A actuación benéfica será mañá 27 de decembro ás 20h. no Centro Cultural Avenida da Rúa

Unha actuación de Abertal no CCA da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Agrupación de Música e Baile Tradicional Abertal únese á programación de Nadal da Rúa, cun concerto benéfico. A actuación navideña será mañá 27 de decembro ás 20h. no Centro Cultural Avenida da Rúa.

A entrada custará 3 euros e a recadación será donada integramente a ONCOMET en apoio á investigación oncolóxica.

Con respecto ao respertorio, interpretará cantos de Nadal entre os que estará un villancico composto para Abertal por Juan Corzo, veciño de Celavente.

 

Artigos relacionados

Back to top button