SanidadeÚltima hora

A recollida de test de saliva para detectar o Covid estenderase o luns ás farmacias da provincia

Allariz inicia este xoves a proba piloto de autorecollida de test de saliva que se realiza en farmacias da provincia para detectar o coronavirus Sars-Cov-2

 

As farmacias de Allariz realizan este xoves unha proba piloto para a autorecollida de test de saliva para detectar o coronavirus SARS- CoV-2, unha iniciativa que o luns se estenderá ás boticas de toda a provincia. Deste xeito, a rede de farmacias comunitarias da provincia de Ourense participará novamente nunha campaña promovida pola Consellería de Sanidade cuxa finalidade última é “contribuír a frear a curva de contagios na provincia”, tal e como sinala o presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, Santiago Leis Vence.

Xa a finais do ano pasado, desde as farmacias de seis municipios de Ourense realizouse unha campaña baseada nun procedemento de cribado para a detección de anticorpos fronte a Sars- CoV-2. mediante test serolóxicos rápidos efectuados á poboación.

Franxa de idade de 12 a 64 anos

“Durante a pandemia, desde o colectivo farmacéutico ofrecémonos en reiteradas ocasións ás administracións con competencia en materia sanitaria para colaborar, desde as nosas oficinas de farmacia, na loita contra o avance da Covid-19”, manifesta Leis Vence, que se congratula do “activo papel que as farmacias ourensás” están a ter para “contribuír a minimizar a expansión da Covid-19”.

A poboación diana obxecto desta iniciativa comprende a franxa de idade de 12 a 64 anos e a participación das farmacias será voluntaria. En concreto, esta participación consistirá na entrega ao cidadáns obxecto do cribado un kit de autorecogida de mostra en saliva, acompañado de información sobre como debe realizar o paciente a toma da mostra, así como o detalle do procedemento para o seu posterior recollida e envío desde a farmacia, a través da distribución farmacéutica, ao Laboratorio de Microbiología da área Sanitaria de Vigo, onde se analizarán as mostras.

No caso de que haxa positivos na proba, o protocolo de actuación pecharíase coa xestión dos casos por parte da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras para o seu tratamento.

Artigos relacionados

Back to top button