ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A recuperación das oliveiras en Galicia, nas xornadas do Barco sobre oportunidades do Medio Rural

Rubén Gutiérrez, director do departamento Agro de Aceites Abril, impartía unha conferencia

Ata non hai moitos anos, Galicia non estaba considerada unha zona produtora de oliveiras. Sen embargo, o panorama ten mudado moito e son numerosos os produtores que están a optar por este cultivo que, xa dende a antigüidade, ten tradición en comarcas como Valdeorras.

De proxectos de produción de olivas en Galicia falaba o cuarto ponente das Xornadas sobre as Oportunidades do Medio Rural na tarde do 15 de xaneiro no edificio mulitusos do Barco. Tratábase de Rubén Gutiérrez García-Tembleque, director do departamento Agro de Aceites Abril, que era presentado polo alcalde do Barco, Alfredo García. Na súa intervención amosaba como é o cultivo das oliveiras e explicaba o proxecto desta empresa ourensá en relación coa aposta pola produción galega.

A quinta e penúltima sesión deste ciclo sobre o medio rural terá lugar o vindeiro luns 21 de xaneiro ás 19h. da man de Iván Rodríguez Paz, veterinario e director técnico da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL).

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button