ConcellosTrivesÚltima hora

A recuperación do Románico do concello de Trives, abordada na reunión da alcaldesa co bispo de Astorga

A alcaldesa de Trives, na reunión co bispo de Astorga./ Cedida.

 

Neste venres a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, desprazábase ata Astorga para manter unha xuntanza con monseñor Jesús Fernández, bispo da Diócese de Astorga. No decurso da xuntanza abordábanse “diversos asuntos de interese para o noso Concello, así como o estudo en conxunto para a recuperación histórica do noso Románico, nomeadamente do Mosteiro de Sobrado sobre o que se negociaron diversos cauces para trasladar unha proposta de recuperación tamén patrimonial que pasará a ser analizada polos técnicos competentes do bispado”, tal e como se informa dende o Concello de Trives.

Tamén se abordaba a futura cesión da reitoral de Sobrado de Trives. A alcaldesa incidiu tamén na necesidade de levar a cabo labores de pintura e diversos arranxos na Igrexa parroquial da Pobra de Trives e aproveitou a ocasión para convidar ao bispo de Astorga a visitar Trives.

Artigos relacionados

Back to top button