PolíticaÚltima hora

“A reforma constitucional non se pode adiar máis”

Santiago Roura, profesor de Dereito Constitucional, impartía unha conferencia no Barco promovida polas Xuventudes Socialistas e polo PSdeG deste concello ourensán
secretario xeral de Xuventudes Socialistas do Barco, Adrián Borrajo, con Santiago Roura e Aurentino Alonso, representante do PSdeG-PSOE no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
secretario xeral de Xuventudes Socialistas do Barco, Adrián Borrajo, con Santiago Roura e Aurentino Alonso, representante do PSdeG-PSOE no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Qué é a reforma constitucional e por qué non se ten modificado máis veces a Constitución ata o de agora. Son algunhas das cuestións que plantexaba e ás que daba resposta na ponencia que impartía no Barco na tarde do 12 de novembro Santiago Roura, ex secretario xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e profesor titular de Dereito Constitucional na Universidade da Coruña. A súa intervención formaba parte da conferencia-coloquio “Reforma constitucional, un novo pacto de convivencia”, promovida dende as Xuventudes Socialistas do Barco e dende o PSdeG-PSOE.

Público asistente á conferencia impartida no salón de actos do edificio multiusos do Barco:/ Foto: Carlos G. Hervella.
Público asistente á conferencia impartida no salón de actos do edificio multiusos do Barco:/ Foto: Carlos G. Hervella.

Roura, que foi presentado no acto polo secretario xeral de Xuventudes Socialistas do Barco, Adrián Borrajo; incidía en que “a reforma constitucional é un tema insoslaiable, non se pode adiar máis. O texto constitucional segue estando vixente en moitos dos seus apartados, pero hai moito tempo que se vén reclamando esa necesidade de reforma, de poñer ao día a Constitución”. E como mostra desa necesidade de actualización citaba que nela non se fai nin unha soa referencia á Unión Europea, “cando é esencial para comprender cómo se estrutura o Estado”. De seguido, o conferenciante entraba de cheo no procedemento de reforma constitucional referíndose a unha serie de “chaves fundamentais que eu creo que deben ser as liñas a seguir nunha eventual reforma constitucional”: o federalismo, dereitos fundamentais e sociais e fortalecemento democrático.

Santiago Roura, nun dos momentos da súa intervención./ Foto: Carlos G. Hervella.
Santiago Roura, nun dos momentos da súa intervención./ Foto: Carlos G. Hervella.

Nesta conferencia-coloquio, que tiña como escenario o edificio multiusos do Barco, estaba tamén prevista a presenza de Francisco Caamaño, ex ministro de Xustiza, quen finalmente non puido vir por un compromiso de última hora.

Artigos relacionados

Back to top button