OurenseÚltima hora

A reforma do campo de hóckey de Mariñamansa (Ourense) custará preto de medio millón de euros

O proxecto vén de ser aprobado, por unanimidade, polo Consello Municipal de Deportes

Vista aérea do campo de hóckey de Mariñamansa.

 

As novas instalacións que porán o campo de hóckey de Mariñamansa en Ourense a nivel internacional, están cada vez máis preto.

Trala aprobación polo Pleno do Concello de Ourense o pasado mes de agosto da modificación de crédito que permitía asignar á iniciativa preto de medio millón de euros, na xornada deste venres 18 setembro o Consello Municipal de Deportes aprobaba por unanimidade o proxecto de reforma e
actualización das devanditas instalacións deportivas.

Este proxecto, parte do Plan Impacto Federativo, inclúe a reforma completa do campo de xogo, a renovación completa do sistema de rego e de iluminación, proteccións perimetrais, a reforma completa e ampliación de banquiños e zona de xuíces segundo os estándares internacionais, así como a dotación tecnolóxica que permite a dixitalización e control domótico de toda a instalación, incluíndo cámara de vídeo por control remoto e pantallas marcador dixital con sistema de megafonía, entre outras melloras.

Unha vez licitado, o proxecto disporá de tres meses de execución, estimándose que poida realizarse nos meses de inverno para que esté dispoñible a súa inauguración na segunda volta das competicións, e especialmente para albergar o Campionato de Selecciónss Autonómicas Sub14 que organiza a Federación Galega en Ourense de cara ao mes de febreiro de 2021.

Artigos relacionados

Back to top button