ConcellosQuirogaÚltima hora

A renuncia do alcalde de Quiroga á súa dedicación exclusiva e as axudas á hostalaría, entre os puntos aprobados no pleno

Tamén saía adiante o regulamento para a utilización do futuro Cemiterio Civil Municipal e o cambio de uso dotacional dos terreos onde se vai levar a cabo esta construción

Exterior do Concello de Quiroga.

 

A renuncia do alcalde de Quiroga á súa dedicación exclusiva, o regulamento do Cemiterio Municipal e as axudas á hostalaría, erab os principais temas aprobados na sesión plenaria municipal desta mañá.

Varios eran os puntos da orde do día referentes á renuncia por parte do alcalde, Julio Álvarez, da retribución pola súa dedicación exclusiva. Así primeiramente ratificouse o acordo da Xunta de Goberno Local da renuncia da dedicación exclusiva do alcalde e despois aprobouse unha moción urxente presentada polo Partido Popular na que se propoñía modificar a asignación a todos os órganos colexiados e do Regulamento Orgánico sobre asistencia as Comisións de Delegados todos os venres de cada mes, fixar unha asignación de 150 € pola asistencia a cada órgano colexiado -(os concelleiros que forman parte da Xunta de Goberno e Comisión de Delegados cobrarán unha sesión por semana e o alcalde cobrará todas as asistencias aos órganos colexiados que asista)- e crear unha dedicación parcial e temporal para a atención do medio ambiente.

Outro tema aprobado foi o regulamento para a utilización do futuro Cemiterio Civil Municipal e o cambio de uso dotacional dos terreos onde se vai levar a cabo esta construción.

A sesión plenaria pechábase coa aprobación do convenio con Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo para axudar aos autónomos e pequenas empresas que tiveron que pechar o seu negocio con motivo das medidas sanitarias. Coa firma deste convenio, estes empresarios locais recibirán unha axuda de 1.000€ que complementará as axudas que perciban da Xunta de Galicia e que forman parte do I Plan de Axudas do Concello de Quiroga polo que autónomos e empresarios quedaron libres do pago do recibo da auga e lixo do primeiro trimestre do 2021.

Artigos relacionados

Back to top button