OurenseÚltima hora

A reparación da cuberta da Casa da Cultura de Xinzo ascede a preto de 24.000€

As obras realizáronse ao abeiro da Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades a locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais"

 

Na mañá deste venres 19 de febreiro, o delegado da Xunta en Ourense e a alcaldesa de Xinzo mantiñan un encontro institucional na localidade limiá para analizar as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica, facendo ademais un repaso polos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

Durante o enbtro, tamén visitaron as obras da Casa da Cultura, onde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu preto de 24.000 euros para a reparación da cuberta. A ese respecto, o delegado territorial asegurou que “as casas da cultura son centros dinamizadores da vida cultural e social dos pobos, que involucran a toda cidadanía”; por iso, é importante “telas sempre nas mellores condicións, para que os veciños e veciñas desfruten do seus servizos e participen das súas actividades”.

 

Autoridades diante da Casa da Cultura de Xinzo.

 

Gabriel Alén explicou que se trataba dunha obra necesaria polo estado no que se atopaba o tellado que filtraba auga por unha serie de goteiras que poderían causar danos nas instalacións do interior do edificio. Deste xeito, procedeuse á colocación de chapa “sándwich”, impermeabilizouse a terraza, ampliouse o corpo de chegada do ascensor e substituíronse os caleiros.

As obras realizáronse ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para “a concesión de subvencións ás entidades a locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais”. Nesta liña, o representante do Goberno galego lembrou desta orde resultaron beneficiados 8 concellos da provincia: Pereiro de Aguiar, O Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, Cualedro, Verea, A Pobra de Trives, San Xoán de Río e Xinzo de Limia, cun investimento total de 108. 288 euros.

Artigos relacionados

Back to top button