Publicidade
ConcellosÚltima hora

A residencia de maiores de Manzaneda volve xuntar a todos os seus usuarios

Ademais dende hoxe os residentes deste centro poderán recibir visitas, pero sempre seguindo os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias

Exterior da Residencia da Terceira Idade de Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A primeiros de abril, o Concello de Manzaneda tomaba a decisión de trasladar a parte dos usuarios da Residencia de maiores Gabino García Fernández ao Centro de Día municipal, “para así protexelos da mellor forma posible fronte ao Covid-19″. Este traslado contaba coas autorizacións das autoridades pertinentes.

Agora, dous meses despois daquela medida (nos que tanto a residencia como o resto do municipio de Manzaneda estiveron libres de virus), os usuarios que foron separados xa regresaron á residencia de maiores da vila. “Entre onte e hoxe foron trasladados os anciáns que estaban no Centro de Día”, confirma o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández.

Ademais a partir deste mércores 3 de xuño, os residentes deste centro de maiores poderán recibir visitas, nas que “deberán cumprirse todos os protocolos marcados polas autoridades sanitarias”, tal e como adianta o rexedor.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close