Medio cento de persoas asistían na mañá do 16 de marzo, á reunión de alto nivel para clarificar as posicións conrespecto ao corredor ferroviario do Atlántico. Responsables políticos, alcaldes, centrais sindicais, empresarios, portavoces parlamentarios galegos dos territorios implicados Galicia e Castela León, técnicos e o representante da Comisión Europea Ferrán Tarradellas. Co alcalde do Barco e presidente do Eixo Atlántico Alfredo García como anfitrión, a reunión tiña lugar na Casa do Río Cigüeño ao longo da mañá, cunha parte informativa e outra de debate. Tamén houbo un almorzo servido por Mantesil.
Nesta galería de imaxes podemos ver diferentes momentos da xornada.
Máis información e imaxes no seguinte enlace: https://osil.info/o-ministerio-de-fomento-plantexa-a-ue-a-inclusion-da-lina-monforte-venta-de-banos-no-corredor-ferroviario-do-atlantico/
Fotos: Carlos G. Hervella.