En portada

A revista Decanter louva os brancos de Valdeorras e do Ribeiro

Na súa edición de marzo esta prestixiosa revista inglesa especializada en viños destaca 18 marcas destas dúas denominacións galegas
Pedro Ballesteros Torres, autor do artigo publicado na revista "Decanter"./ Foto: Carlos G. Hervella.
Pedro Ballesteros Torres, autor do artigo publicado na revista “Decanter”./ Foto: Carlos G. Hervella.

Baixo o título “Galician whites”, a revista inglesa “Dencanter” pon o foco nos viños brancos que se están elaborando actualmente na comunidade galega e centrándose nos de dúas denominacións: Valdeorras e Ribeiro. Trátase dun artigo asinado polo Master of Wine español Pedro Ballesteros no que presenta ademais un listado de 18 viños destas zonas produtivas a ter en moi conta.

Artigo publicado na revista "Dencanter" de marzo.
Artigo publicado na revista “Dencanter” de marzo.

Así neste ranking, que a publicación denomina “Ballesteros Torres’ top 18 wines to try”, figuran cinco brancos valdeorreses: O Soro 2014 da Adega de Rafael Palacios, Cepas Vellas godello 2014 de Adegas Godeval, Trasdairelas godello 2012 da Adega Joaquín Rebolledo, Pezas da Portela 2012 de Valdesil e Pagos de Galir Godello 2014 da Adega Pagos de Galir.

No caso do Ribeiro os viños referenciados son Manuel Rojo 2014 (colleiteiro), 1040 Sameirás do 2013 de Antonio Cajide, Autor Cepas Vellas 2014 de Antonio Montero, Coto de Gomariz 2014, Señorío da Vila Treixadura 2014 de Bodegas Docampo, Teira X 2014 de Manuel Formigo, Tega do Sal 2014 de Viña Meín, III Milenium 2014 de Bodegas Cunqueiro, Atlántico 2013 de Bodegas El Paraguas, Finca Os Loureiros 2013 de Casal de Armán, Treixadura 2014 de Ramón do Casar, Lagar do Meréns 2014 e Alter Blanco 2014 de Viña da Cal.

Artigos relacionados

Back to top button