ConcellosEn portadaÚltima hora

A revista “Entroido en Galicia” xa está na rúa

Portada deste monográfico editado polo Periódico O Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende hai uns días xa pode atoparse en quioscos e librarías a edición do 2019 do monográfico “Entroido en Galicia. Onde ir. Que ver”, que edita o Periódico O Sil. É unha revista a todo cor de case 200 páxinas para achegarse ás principais referencias do Entroido ourensán, tanto rural como urbano, así como a algunhas das manifestacións carnavalescas máis senlleiras do resto de Galicia e doutras zonas próximas como Castela e León e o nordeste de Portugal.

Entre os seus diversos contidos inclúe estampas, reportaxes, información do Entroido nos diferentes concellos, entrevistas, artigos de opinión…

Se estás interesado en coñecer o Entroido de Galicia e do norte de Portugal podes facerte coa revista “Entroido en Galicia”, que xa está á venda en:

– Ourense: Quiosco Marcos, rúa Bedoya, 988 608147
– Verín: Librería AZ, 988 590371
– Xinzo de Limia: Librería Galaica, 988 460355
– Laza: Estanco, 988 422128
– Santiago de Compostela: Quiosco San Roque, 981 063 263/ Quiosco Concheiros

Non quedes sen el!
Bo Entroido!

Artigos relacionados

Back to top button