CulturaCulturaÚltima hora

A revista “Nós” e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Esta entidade vén de escoller esta publicación como a primeira "Peza do Mes" do 2020

Portada da revista “Nós”./ Foto: Fernando del Río.

 

Existe un estreito vínculo entre a revista “Nós” e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Así o amosa Afonso Vázquez Monxardín na publicación da “Peza de xaneiro” desta institución, adicada a “Nós”, coincidindo co centenario do seu nacemento en 1920.

“Como se ten sinalado e asumido por todos, sen o traballo no tránsito entre o século XIX e XX da Comisión de Monumentos nos locais que ocupaba no Centro Provincial de Enseñanza, actual IES Otero Pedrayo, sería imposible que nacese o interese investigador e creador nos homes que forman a cerna de Nós, o denominado cenáculo ourensán, e a liña marcadamente cultural, conservadora, virada á arqueoloxía, antropoloxía, literatura e historia, do galeguismo auriense”, conta o investigador. No marco dese mesmo discurso cultural nacía tamén o museo provincial.

E precisamente desa Comisión de Monumentos crese que procede a colección completa da revista “Nós” que se conserva no Museo Arqueolóxico de Ourense e que está encadernada en seis volumes.

Afonso Vázquez-Monxardín Fernández ocuparase de realizar a presentación desta singular “Peza do mes”, que terá lugar o mércores 15 de xaneiro ás 20h. na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). Nela afondará nas conexións entre “Nós” e o museo arqueolóxico provincial.

Artigos relacionados

Back to top button