DeportesÚltima hora

A RFEF abordará coas territoriais un “modelo express” para finalizar as competicións non profesionais

A idea é "desenvolver un mecanismo de ascensos mediante un sistema de play off a partido único, a ser posible con sistema de concentración" e sen descensos nesta tempada

 

Trala reunión co Consello Superior de Deportes, na tarde deste martes 14 de abril, o presidente da Real federación Española de Fútbol Luis Rubiales enviaba unha carta aos seus homólogos das federacións territoriais para “traballar o final da tempada”.

Segundo informan dende a RFEF, plantexarase “dar por finalizada a competición regular mediante un sistema plantexado a través dun modelo uniforme en todo o fútbol non profesional español levado a cabo da mesma maneira en todas as Comunidades Autónomas”. Así, “desenvolveríase un mecanismo express de ascensos mediante un sistema de play off a partido único, a ser posible con sistema de concentración, co fin de garantir, alomenos, o mesmo número de ascensos que estaba previsto no inicio da competición”.

Así pois, nesta situación excepcional, “non habería descensos na presente tempada”. Neste senso, traballaríanse os mecanismos oportunos para incrementar o número de equipos por grupo ou creación de novos grupos cunha vixencia máxima de tres ou catro tempadas “ata que se acometa de maneira planificada a pertinente reestruturación que convirta en elite as competicións non profesionais mediante un equilibrio económico sostible e adecuado”, explican dende a Federación española adiantando que estas actuacións levaríanse a cabo en Segunda B, Terceira, nas competicóns de ámbito estatal do fútbol feminino e fútbol sala así como en todas as competicións estatais da categoría xuvenil.

Artigos relacionados

Back to top button