CD ArenteiroCD BarcoDeportesFútbolOurense CFUD OurenseÚltima hora

A RFG de Fútbol colaborará cos clubs de 3ª división na financiación dos tests e da figura do xefe médico

A liga comeza este domingo 18 de otubro: CD Barco, UD Ourense e CD Arenteiro xogarán os seus respectivos partidos a domicilio ás 17h; o Ourense CF xogará en casa ás 18:30h.

Membros da directiva do CD Barco na reunión co presidente da RFGF.

 

O fútbol regresa esta fin de semana á provincia de Ourense co inicio da tempada 2020/2021 na terceira división. Despois de moitos meses de incerteza, os equipos ourensáns volverán vestir de curto para dar comezo á competición oficial doméstica na que se estrearán os novos formatos de competición.

Nesta categoría tomarán parte un total de 24 equipos divididos en dous subgrupos: 1A (clubs das provincias da Coruña e Lugo) e 1B (clubs das provincias de Pontevedra e Ourense no que están o CD Barco, o CD Arenteiro, o Ourense CF e a UD Ourense). Esta primeira fase do campionato terá un total de 22 xornadas, do 18 de outubro ao 21 de marzo, que arrancará o vindeiro domingo con catro apaixoantes partidos: Ourense CF-CD Ribadumia; Alondras-UD Ourense; CD Estradense-CD Barco; e Arousa SC-CD Arenteiro. Todos ás 17 horas, excepto o primeiro que se xogará no Couto, que empezará ás 18:30h.

O inicio da campaña faise oficial tralo “si” conxunto que os clubs daban á Federación Galega de Fútbol despois de varios días de ruído interno, cartas e incluso amenazas de “plante”. Chegaban a un acordo tralo anuncio feito polo presidente da RFGF Rafael Louzán sobre dous temas claves: a disposición a “apoiar a todos os clubs na financiación da nova figura do xefe médico que esixe o protocolo poñendo a disposición dos 128 clubs galegos das categorías de ámbito estatal unha estrutura médica”; e o compromiso “dunha importante liña de axudas para a financiación dos test, que de seguro aliviará a situación económica que están a pasar os clubs despois de tantos meses de inactividade”, tal como adiantan dende a Federación.

Artigos relacionados

Back to top button