EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Ribeira Sacra celebra o Día Europeo do Enoturismo

O programa, previsto para o 9 de novembro, incluirá actividades en concellos como Parada de Sil ou A Teixeira
Paisaxe de viñedos en Parada de Sil, concello pertencente á D.O. Ribeira Sacra./ Foto: Carlos G. Hervella.
Paisaxe de viñedos en Parada de Sil, concello pertencente á D.O. Ribeira Sacra./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra prepara un programa especial para o 9 de novembro, Día Europeo do Enoturismo. Nesta zona vitivinícola dacabalo entre as provincias de Ourense e Lugo celebrarase cun programa de actos moi variado que comezará ás dez da mañá en Parada de Sil cunha andaina por unha variante da ruta de sendeirismo PR-G 98 “Canón do Sil – Santa Cristina”. Será un percorrido duns 10 quilómetros e dificultade media, que transcurrirá polo municipio de Parada de Sil (Ourense) e que incluirá visitas aos “Balcons de Madrid” e ao Mosteiro románico de Santa Cristina de Ribas de Sil.

Asemade durante o traxecto poderá desfrutarse das espectaculares paisaxes da zona e do seu especial colorido nesta estación do ano. E, despois da ruta, servirase un xantar en Parada de Sil con produtos de tempada propios desta zona maridados con viños da Denomimación de Orixe Ribeira Sacra. O programa desta xornada completarase coa visita a unha adega do concello da Teixeira, tamém na provincia de Ourense.

As prazas para esta actividade son limitadas e o custe das inscricións é de 20 euros por persoa. Para máis información e inscricións pode chamarse ao 982 410 968 ou enviar un correo ao enderezo electrónico rutavino@ribeirasacra.org.

Artigos relacionados

Back to top button