EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

A Ribeira Sacra rexistra unha ocupación turística do 95,5% na ponte do Pilar

Paisaxe de viñedos na Ribeira Sacra./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Balance moi positivo nos datos de ocupación turística rexistrados nos establecementos da Ribeira Sacra durante a pasada ponte do Pilar. Así a ocupación chegaba ata o 95,5% (sendo a previsión do 82%), tal e como informa o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

En hoteis 4 e 3 estrelas a ocupación era do 92 % (previsión 78%), no Turismo Rural un 94% (previsión 79%), VT+VUT (vivenda de uso turístico): 100 % (previsión 94%) e no resto de aloxamentos do 96 % (previsión 77%)

“Superáronse as previsións en máis de 13 puntos. As boas condicións meteorolóxicas e a tendencia de recuperación da actividade turística e os desprazamentos pola mellora da situación sanitaria, unido ás condicións do xeodestino afíns ás características do novo perfil de viaxeiro, explican de xeito moi probable estes excelentes resultados”, indican dende o Consorcio Turismo Ribeira Sacra”, sinala a xerente do consorio, Alexandra Seara.

“Tamén denotamos”, engade, “como as comunidades autónomas que adoitaban ser as principais emisoras ata 2019, Madrid e Cataluña, tiveron novamente un peso importante estes días”.

As actividades previstas no programa “A caída da folla na Ribeira Sacra” completaron as súas prazas 48 horas antes de dar inicio a Ponte (https://turismo.ribeirasacra.org/es/a-caida-da-folla-2021https://turismo.ribeirasacra.org/).

Artigos relacionados

Back to top button