DeportesFútbolÚltima hora

A Río Fan Zone, cunha pantalla xigante, prepárase para unha intensa tarde de Eurocopa

 

Preséntase unha tarde intensa na Fan Zone de Río. Dende o pasado venres o Concello de San Xoán de Río ten instalada nesta localidade unha pantalla xigante para seguir todos os partidos da Eurocopa de fútbol, que rematará o domingo 11 de xullo.

Este será, sen dúbida, un Supersábado da Eurocopa, se a chuvia o permite, nesta Fan Zona de Río con ata tres partido: ás 15h. Hungría-Francia, ás 18h. Portugal-Alemaña e ás 21h. Polonia-España.

“Tras 3 días parados polas fortes tormentas e alertas, hoxe esperamos voltar á normalidade”, comenta o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button