EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A ritmo de brindes, na XXXIII Feira do Viño de Quiroga

A pregoeira desta edición foi a presentadora televisiva Rocío Carrasco

Deporte, exposicións ou música para homenaxear a un dos produtos de referencia quirogueses: o viño. Multitude de persoas se congregaban nesta vila lucense na fin de semana do 4 e 5 de abril para desfrutar da XXXIII Feira do Viño de Quiroga.

No seu recinto feiral, instalado na rúa Real ao pé do Concello, podían degustarse os caldos de dez colleiteiros de diferentes puntos do municipio. Ademais o centro da localidade estaba cheo de postos de multitude de produtos: dende artesanía e libros, ata doces ou cervexas, entre outros.

Nas dúas xornadas da mostra o ambiente estivo animado por diversos grupos de música e de danzas, se ben a do sábado 4 de abril foi especial. Pola tarde tiña lugar a lectura do pregón que desta volta corría a cargo de Rocío Carrasco, presentadora televisiva e filla da cantante Rocío Jurado.

Dende o palco da orquestra confesaba que se trataba do seu primeiro pregón e aludía a tradición da viticultura nestas terras citando referencias como as de Álvaro Cunqueiro. Despois foron moitos os que se achegaron ata o palco para fotografarse con ela.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button