CulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A ritmo de foliada no Ruxe Ruxe de Quiroga

O trío liderado por Samuel Casal e os Palletas actuaron no local lucense na noite do 7 de decembro

“Un exitazo”. Así calificaban dende a cervexería-pub Ruxe Ruxe de Quiroga o resultado da foliada celebrada na noite do 7 de decembro, en plena ponte da Constitución.

O primeiro en subirse ao escenario era o trío de guitarra, violino e frauta travesera liderado polo quirogués Samuel Casal, tres grandes músicos que encandilaron ao público co seu folk. De seguido eran Os Palletas (grupo tradicional de Quiroga) os que facían vibrar aos asistentes ao son da gaita, para rematar todos xuntos nunha gran foliada aberta que se estendería ata altas horas da madrugada. “Tamén se animou xente do público e creouse un gran ambiente, tocando, cantando e bailando ata as cindo da mañá”, asegura Germán Álvarez, ao fronte do establecemento hostaleiro, moi contento coa resposta tanto do numeroso público como dos músicos.

Entre os asistentes, tamén estaban membros do grupo valdeorrés de folk Tornaxeira, que actuarán na seguinte “Foliada en Quiroga” que se celebrará proximamnte no Ruxe en Ruxe.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button