En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A ritmo de folións en pleno agosto en Trives

No marco do X Entroido de Verán, que organiza A Caniceira, media ducia de folións participaban nun desfile que enchía de público as rúas da vila

Os bombos, os sachos e os Boteiros tomaban na tarde do 12 de agosto as rúas de Trives. Dende a Finca da Barreira partía o desfile do X Entroido de Verán que despois percorría o centro da vila e remataba na praza do Reloxo. Esta comitiva carnavalesca abríaa o folión A Caniceira, seguido do das Maceiras (ambos de Trives), así como do Irrio (Castro Caldelas), do de Terras do Bolo e A Lardeira (Piñeiro). O potente folión trivés dos Labregos pechaba este desfile, precedido polos saltos dos seus Boteiros.

Numeroso público seguía o traxecto deste sonoro de intenso desfile que formaba parte do programa da X Mostra de Patrimonio Inmaterial de Trives que promove a Asociación Cultural A Caniceira. Pendentes da seguridade durante o traxecto estaban a Policía Local e Protección Civil de Trives. Unha vez finalizado o desfile, a organización convidaba aos folións asistentes a unha merenda.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Máis información e fotos:
https://www.osil.info/o-x-entroido-de-veran-de-trives-en-fotos/
https://www.osil.info/son-do-sil-pecha-unha-intensa-x-mostra-de-patrimonio-inmaterial-en-trives/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close