CulturaCulturaÚltima hora

A rodaxe de “Sempre Xonxa” en Petín, abordada por Ignacio Vilar

No ciclo de actividades de Valdeorras Infinda proxectábase na Coruña o documental realizado polo director valdeorrés

 

No marco dos actos que está a organizar o colectivo Valdeorras Infinda e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na Coruña, o 9 de febreiro proxectábase o documental “Sempre Xonxa en Petín” e, deseguido, tiña lugar un coloquio co seu director, o petinés Ignacio Vilar.

Este documental foi gravado no contexto dun obradoiro de cinema organizado en Petín cando se cumpría o décimo aniversario do pasamento de Chano Piñeiro, director do mencionado filme “Sempre Xonxa”, cuxa rodaxe tiña lugar en Valdeorras. O acto tiña lugar no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da cidade herculina.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button