En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa acolle a edición máis numerosa do Gran Premio de Montaña e Andaina Galitiming

Preto de 130 deportistas participan este ano na proba organizada polo Club Atletismo Rúa

 

Batendo o seu propio récord, o Gran Premio de Montaña e Andaina Galitiming da Rúa celebra hoxe a súa edición máis numerosa. Preto de 130 deportistas se daban cita na mañá do 29 de setembro no adro da igrexa de Fontei, para participar na 4ª edición desta triple proba federada, organizada polo Club Atletismo Rúa.

Os primeiros en saír, en torno ás 9:20h. eran os corredores do trail longo. Uns 25 atletas que afrontaron con ánimo os 33 km. que os levaría por boa parte da montaña ruesa pasando polo Pico do Pote, en Roblido, “con vistas espectaculares sobre o Sil”, aseguran dende a organización, destacando que se trata dunha proba que pretenden potenciar “para poñer en valor os aspectos paisaxísticos e naturais do concello da Rúa”.

 

Julián Rodríguez León durante o trail de 33 km. /Foto cedida.

 

De seguido tocáballe o turno ao medio cento de andarines que tiñan por diante uns 13 km. monte arriba. Por último, ás 10h. tomaban a saída os 40 participantes no mini trail duns 15 quilómetros de percorrido.

Fotos da galería: Mónica G. Bellver excepto as dúas últimas que son cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close