A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa acolle a estrea de “As paisaxes de Camille” sobre a loita contra a violencia de xénero no rural

O Centro Cultural Avenida foi a primeira parada desta acción artística creada pola Asociación Ambar

Representación de “As paisaxes de Camille”, na Rúa.

 

Na tarde deste venres 5 de novembro, a Asociación Ambar das persoas don diversidade funcional estreaba no Centro Cultural Avenida da Rúa a primeira actuación da acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero no rural As paisaxes de Camille, unha acción que busca empoderar ás mulleres con diversidade funcional a través da expresión artística, explorando a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida de Camille Claudel.

Producida por Ambar, a peza conta coa dirección artística da creadora escénica Helena Salgueiro da plataforma ABAR e cun elenco composto integramente por mulleres con diversidade funcional: Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Olaia Pérez, Montse Queiruga e Mercedes Río.

A Rúa foi a primeira das 5 paradas que se desenvolverán nos vindeiros días. Nesta primeira entrega, na que tamén se proxectou un vídeo cos ensaios, entrevistas individuais, motivacións e desenvolvemento conceptual da peza, destacou a asistencia do alcalde da Rúa, Álvaro Fernández. Representando a Ambar estivo Zeltia Iglesias, responsable do proxecto e integradora social da entidade. As persoas asistente recibiron un agasallo personalizado elaborado polas persoas con diversidade funcional que asisten ós obradoiros ocupacionais de Ambar.

Artigos relacionados

Back to top button