Ao aire libre con “Xadrez para todos” iniciábase no mediodía deste sábado 13 de xullo o III Aberto Internacional Xadrez A Rúa. Na rúa Doutor Vila desta localidade valdeorresa desenvolvíanse unha serie de partidas amistosas e torneos entre os asistentes.
Xa pola tarde, ás 16:30h. dábase paso ao III Aberto Internacional, con prazas limitadas, no pavillón polideportivo do Aguillón, cunha notable participación. Seguirase o sistema de xogo suízo a 6 rondas e cun ritmo de xogo 15 minutos finish.
O torneo inclúe premios económicos para os sete primeiros clasificados da xeral: 200 euros para o 1º, 150 euros para o 2º, 100 para o 3º, 80 euros para o 4º, 60 euros para o 5º, 40 para o 6º e 30 para o 7º. Ademais na clasificación Sub 1700/ sen Elo o 1º levará 40 euros e o 2º 20.
Tamén haberá premios para o primeiro clasificado das categorías Sub10, Sub12, Sub14 e Sub 16: 2 vídeos series de Chess24. Este aberto está sendo organizado polo Club Xadrez Valdeorras.
Fotos: Carlos G. Hervella