CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Rúa acolle un curso de extensión universitaria sobre envellecemento activo e saudable

Desenvolverase presencialmente na UNED Valdeorras, os días 13 e 14 de abril
Un curso sobre poda celebrado na Aula UNED A Rúa.

Coñecer e comprender o envellecemento como un proceso normal con cambios que supoñen certo deterioro funcional asociado á idade. É un dos obxectivos do curso de extensión universitaria que se desenvolverá esta fin de semana na Aula UNED A Rúa, en base a un modelo de intervención global, combinado de actividade física e mental a través dunha conferencia e tres obradoiros con aplicacións específicas: actividades para maiores con autonomía persoal, actividades para maiores con autonomía reducida e a evaluación das capacidades obxecto do programa.

Baixo o  título “Envellecemento activo e saudable. Intervención combinada de actividade física e mental para paliar o declive funcional asociado á idade”, consta de 10 horas lectivas (de 16 a 21h. do venres 13 de abril; e de 9 a 14h. do sábado 14). Estará dirixido por Tiberio Feliz Murias, profesor titular da Facultade de Educación-UNED e coordinado María José López Cid, licenciada en Psicoloxía e coordinadora da Aula UNED Valdeorras. Os ponentes serán Aurora Martínez Vidal, licenciada en Educación Física e doutora pola Universidade de Vigo; e Aurora Prada Martinez, diplomada pola Facultade de Psicoloxía da UNED.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button