DeportesÚltima hora

A Rúa acollerá a derradeira proba da liga provincial de piragüismo o 26 de agosto

Esta cita valdeorresa, que terá lugar no encoro de San Martiño, pechará este trofeo provincial que incluía cinco regatas
Piragüistas no encoro de San Martiño na Rúa, que será escenario da regata provincial./ Foto: Carlos G. Hervella.

No encoro de San Martiño concluirá a Copa Deputación de Ourense de Piragüismo. A Rúa acollerá o 26 de agosto a partires das once unha das cinco regatas deste trofeo. A cita será organizada polo Club Fluvial Barco (coa colaboración co Concello da Rúa), que ademais contará con padexeiros en competición.

Esta será ademais a proba que peche esta edición do trofeo, tras as xa celebradas neste mesmo mes de agosto en Barra de Miño (11 de agosto, organizada pola Escola Municipal Ourensá) e en Allariz (19 de agosto, Fluvial Allariz).

Artigos relacionados

Back to top button