CulturaCulturaÚltima hora

A Rúa acollerá, o 10 de decembro, a entrega de premios do II Concurso de Fotografía da Ruta do Viño de Valdeorras

O Centro Cultural Avenida acollerá o acto así como a exposición coas imaxes do certame

“Descanso e viño”, 1º premio Godello.

 

O vindeiro xoves día 10 de decembro ás 19:30 horas, celebrarase no Centro Cultural Avenida da Rúa, a inauguración da exposición e entrega de premios do II Concurso de Fotografía Ramón García Rodríguez (O Ragar), convocado pola Asociación Ruta do Viño de Valdeorras, cuxa temática versaba sobre “O viño e o camiño de Inverno”.

Debido ao elevado número de fotos que participaron no concurso, a organización viuse obrigada a seleccionar entre as fotografías recibidas e que se axustaban á temática exigida, unha por cada autor. Ademais das do certame, a exposición incluirá unha pequena mostra das obras de Ramón García, “dada a súa estreita vinculación co mundo da fotografía”, puntuallizan dende a asociación Ruta do Viño, engadindo que a mostra poderá visitarse os venres, sábados e domigos durante as horas de apertura do cine.

Artigos relacionados

Back to top button