A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa acollerá, o 4 de xaneiro, unha masterclass de robótica e programación

Será na Casa da Cultura a partir das 10 horas previa inscrición

O responsable de ‘Dreams of Space’, cun dos avións teledirixidos que constrúen.

 

Crear os teus propios avións teledirixidos, drons e mesmo cohetes, non só montalos, senón programalos é áparte de interesante e apaixoante “fundamental para o futuro xa que a linguaxe de progamación será necesaria para todo”, asegura a presidenta da ANPA do IES Cosme López Rodríguez da Rúa, Paula Rodríguez, que mantén o seu obxectivo de traer para Valdeorras toda a formación que poida, “para que os nenos do rural teñan as mesmas oportunidades que os das cidades”, asegura.

De aí nace a idea de conseguir un curso de STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) para A Rúa. “Se conseguimos un grupo mínimo poderiamos impartir o curso unha vez á semana”, explica Adrián dende Dreams to Space, a empresa con sede en Ourense que se encargará da formación, e que o vindeiro 4 de xaneiro impartirá unha masterclass na Casa da Cultura ruesa.

 

No curso tamén se poderán facer drons.

 

Tal como explica o propio Adrián, son moitos os aspectos nos que están especializados e todos poderían impartirse na Rúa: aeromodelismo, deseño e impresión en 3D, robótica, programación,… “A programación é o que se utiliza para falar con placas base, e na Rúa daremos Scratch que é co que se empeza a programar e incluso se poden controlar robots. Despois pasamos ao linguaxe de programación da vida laboral, para programar placas base coas que se pode facer dende un robot ata sensores para medir temperatura, presión, humidade, distancias,… Controlado isto pasamos á robótica, coa creación dun robot programado con Scratch, para ver a utilidade de todo o que se aprende. Tamén hai algo de deseño 3D, impresión con Fusion 360 (un programa gratuíto que se pode descargar e co que se poden facer cousas como un coche teledirixido). Tamén deseñamos e construímos avións e mesmo cohetes”, explica o profesional, asegurando que áRúa levarán diferentes aparellos e incluso intentará facer despegar un cohete.

El mesmo conta que a idea é comezar polo máis básico pero o normal é que en dous anos “os alumnos poidan competir en probas da Axencia Espacial Europea ou da Nasa que son cos que traballamos e cos que nos gustaría levar aos mozos da Rúa por España adiante, por Europa e se nos clasificamos para os mundiais, moito mellor”, di, recoñecendo que  “hai que adicarlle tempo pero se lles gusta agora teñen unha oportunidade bárbara”.

 

Outro avión creado por ‘Dreams os Space’.

 

Dende a ANPA do instituto rues aseguran que o curso estará aberto a toda a poboación, pero para asistir á masterclass é indispensable inscribirse previamente por WhatsApp nos teléfonos: 600 407 566 (Paula) ou  629 848 944 (Amparo). “Comezaremos ás dez da mañá e en función dos asistentes faranse os grupos, con todas as medidas sanitarias pertinentes, en horario de mañá e tarde en caso de ser necesario”, di Paula.

 

Artigos relacionados

Back to top button