ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa acollerá un curso de monitor de fútbol base e unha fase da Copa Deputación alevín e benxamín

As clases comezarán o 20 de marzo e estenderanse ata o mes maio

Apenas dúas semanas despois de que comezara no Barco o curso de monitor de fútbol sala base, o director da Escola Galega de Adestradores Manuel Mosquera achegábase de novo a Valdeorras para presentar un novo curso posto en marcha pola Real Federación Galega de Fútbol, desta volta de fútbol, que se desevolverá na Rúa a partir do 20 de marzo.

Mosquera estivo acompañado polo delegado da RFGF en Ourense Raúl Roi, polo alcalde da Rúa Luis Fernández, polo concelleiro de Deportes Avelino Fernández e por dous membros do C.D. Rúa, Javier Ferrer (adestrador do equipo sénior) e Luis María Ferrer (responsable da base). No acto, celebrado na tarde do 20 de febreiro no Salón de Plenos do Concello rues, o responsable da escola da Federación asegurou que igual que o de fútbol sala, trátase du curso “para formar a formadores, persoas responsables que sexan capaces de transmitir unha serie de valores aos cativos, máis alá da parte puramente deportiva”. Tamén adiantou que constará de 65 horas e que se impartirá os luns, martes e mércores ata o 1 de maio aproximadamente aínda que se algo caracteriza este curso é a “flexibilidade en canto a horarios e a calidade da formación”.

Custará 150 euros e as inscricións abriranse mañá 21 de febreiro a través da páxina web www.futgal.es, aínda que tal como explicou Javier Ferrer, xa contan ata o momento con 20 persoas interesadas, de Valdeorras, Viana e Monforte. O mínimo son 15 pero non hai máximo e pode asistir xente interesada a partir dos 16 anos.

Tanto o alcalde da Rúa como o concelleiro de Deportes demostraron coa súa presenza, o apoio que o Concello outorga ao deporte en xeral (hai dous días presentábase a marcha Memorial Anxo de Sousa Pérez coa que tamén colabora) e moi especialmente co C.D. Rúa que este ano celebra o 50 aniversario, lembrando a importancia da formación.

Copa Deputación

O delegado da RFGF, lembrou que este será o segundo curso que se dé na Rúa. “Aquí impartiuse o primeiro de Galicia hai uns seis anos”, dixo, agradendo ao club os pasos dados para traer o curso, e adiantando que esta localidade valdeorresa será tamén sede dunha fase da Copa Deputación nas categorías alevín e benxamín. “Xuntaremos 8 equipos, uns 180 nenos cos seus pais, polo que ese día haberá un movemento especial na Rúa”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close